O Nadal é unha época chea de tradicións, historias e celebracións especiais. En galego, temos un léxico propio que reflicte a nosa cultura e xeito de vivir estas festas. Aquí tes unha guía completa coas palabras máis importantes relacionadas co Nadal para que poidas usalas e gozar das festas na nosa lingua.
Personaxes do Nadal galego

O Apalpador
O Apalpador é un carboeiro que baixa das montañas do Courel a noite do 24 ou do 31 de decembro para apalpar a barriga dos nenos, comprobar se están ben alimentados e deixarlles castañas ou algún agasallo.

Os Reis Magos
Melchor, Gaspar e Baltasar, son personaxes da tradición cristiá que, segundo o Evanxeo, visitaron a Xesús en Belén guiados por unha estrela e hoxe simbolizan os que traen os agasallos a noite do 5 ao 6 de xaneiro.

Os trubincos
Os Trubincos son uns trasnos invernais que en Noiteboa escorregan pola cheminea, entran nos fogares e enredan coas cousas da casa, provocando ruídos misteriosos e facendo pequenas falcatruadas durante a noite.
Celebracións e días especiais

Advento
Período de preparación para o Nadal, que comeza catro domingos antes do 25 de decembro.

Pascua
Pascua é a festa cristiá da resurrección de Xesús, moi importante na tradición relixiosa e popular galega.

Noiteboa
Noiteboa é a noite do 24 de decembro, unha das máis sinaladas en Galicia, asociada á cea familiar e ás tradicións do Nadal.

Día de Nadal
O Día de Nadal é o 25 de decembro, celébrase en familia e é costume abrir os agasallos.

Noitevella
Noitevella é a noite do 31 de decembro, na que se despide o ano, normalmente con xuntanzas, festas e costumes populares.

Badaladas
As badaladas son os doce toques do reloxo á medianoite do 31 de decembro, que marcan a entrada do novo ano e van acompañadas do costume de comer 12 uvas.

Aninovo
Aninovo é o día 1 de xaneiro, marca o comezo do novo ano e en moitos lugares celébrase comendo chocolate con churros.

Cabalgata de Reis
A Cabalgata de Reis é o desfile da tarde do 5 de xaneiro en que os Reis Magos percorren vilas e cidades repartindo caramelos.

Día de Reis
O Día de Reis é o 6 de xaneiro, cando se reciben os agasallos e se come o roscón en familia.
Elementos decorativos e tradicións

acivro

agasallo ou presente

aguinaldo

árbore de Nadal

bóla

boneco de neve

belén ou nacemento

camelo

lotaría

zorra

grilanda

nadaliña
Máis palabras do Nadal:
- Agasallar: dar presentes como mostra de cariño.
- Décimo de lotaría: participación no sorteo de Nadal, unha tradición moi popular.
- Desenfeitar, desadornar ou desornar: retirar os adornos do Nadal.
- Encintar: colocar fitas decorativas nos agasallos ou na árbore.
- Enfeitar, adornar, adobiar ou engalanar: decorar espazos e obxectos.
- Estrela de Oriente: símbolo celestial que, segundo a tradición cristiá, guiou os Reis Magos ata o lugar do nacemento de Xesús. Representa a luz e a esperanza e adóitase representar no cumio da árbore de Nadal ou como parte do belén.
- Fita de Nadal: decoración de Nadal consistente nun fío recuberto de láminas brillantes de plástico de cores.
- Visgo: planta típica usada na decoración do Nadal, considerada símbolo de boa sorte.
Música e cantos do Nadal
- Panxoliña, nadaliña ou vilancico: canción tradicional do Nadal.
- Cantos de Reis: cancións interpretadas durante a noite ou o día de Reis.
- Xaneiras: cantos tradicionais interpretados no tempo de Nadal, especialmente para pedir aguinaldos.
- Aguinaldeiro/a: cada un dos mozos que por Aninovo ou Reis van en grupo cantando panxoliñas de casa en casa para que lles dean o aguinaldo.
Comida e doces típicos
- Champaña (substantivo masculino): bebida espumosa tradicionalmente usada para brindar durante Noitevella e outras celebracións do Nadal.
- Carbón doce: doce elaborado a base de azucre, cor negra e textura quebradiza, que se entrega simbolicamente aos nenos e nenas que supostamente se portaron mal ao longo do ano.
- Mazapán: outro doce popular, feito de améndoas e azucre.
- Polvorón: doce de fariña, manteiga e azucre, típico destas datas.
- Roscón de Reis: Doce tradicional que se consome o 6 de xaneiro. Ten forma de rosca e adoita estar elaborado con masa doce, aromatizada con laranxa ou auga de azar e decorada con froitas cristalizadas e azucre. No seu interior adoitan esconderse unha figura (representa a boa sorte) e unha fava (quen a atopa paga o roscón). É unha sobremesa simbólica que celebra a chegada dos Reis Magos.
- Turrón: doce elaborado con mel, améndoas e outros ingredientes.
- Viño quente: bebida típica de inverno, especialmente asociada ao Nadal, que se prepara quentando viño tinto.





