5 palabras que debes saber se pensas facer unha tatuaxe

As tatuaxes están de moda. Cada vez hai máis xente que se anima a levar arte na pel, mais, sabes falar sobre tatuaxes en galego correcto?

Neste artigo íaprenderás unha regra moi útil da nosa lingua e, xa que estamos, aprenderás tamén algúns termos básicos do mundo da tatuaxe. Porque falar galego tamén é levar identidade marcada a lume.

Por que tatuaxe é unha palabra feminina?

En galego as palabras rematadas en –axe son femininas. Por iso, dicimos a tatuaxe e non *o tatuaxe.

O mesmo lle acontece a outras palabras como a mensaxe, a aterraxe, a curtometraxe, a fichaxe… Mais toda boa regra sempre ten unha excepción. Todas as palabras rematadas en –axe son femininas, agás traxe, paxe e garaxe que son masculinas.

Se pensas en facer unha tatuaxe…

Aquí van algúns termos que deberías coñecer se estás a piques de pasar pola agulla.

Agulla

Instrumento finísimo que se utiliza para introducir a tinta baixo a pel durante a tatuaxe. Pode variar en tamaño segundo o tipo de trazado que se queira facer.

Exemplo: O tatuador cambiou a agulla para facer os detalles máis finos do deseño.

Bosquexo

Debuxo no que se deseñan os trazos esenciais dunha obra. É a base sobre a que se constrúe a tatuaxe definitiva.

Exemplo: Antes de tatuar nada, o artista sempre prepara un bosquexo.

Cobertura

Técnica para tapar unha tatuaxe que non nos gusta ou que está en mal estado. Pode cubrir o debuxo anterior ou integralo noutro novo.

Exemplo: Fixen unha cobertura porque a miña tatuaxe anterior xa non me representaba.

Ignaro

Estilo de tatuaxe caracterizado por liñas simples, tinta negra predominante, palabras escritas e riscadas. Xurdiu no mundo dos grafitis e ten un aire rebelde e urbano.

Exemplo: Gústame o estilo ignaro porque parece feito con rabia.

Vella escola

Estilo clásico que naceu en barcos e circos dos Estados Unidos. Caracterízase por liñas grosas, cores planas e temáticas como anduriñas, caveiras, rosas ou barcos.

Exemplo: Quero unha áncora ao estilo vella escola, como as dos mariñeiros.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
21
20/11/2024
28/02/2025
Eliminar os castelanismos da nosa fala é un paso importante para dignificar o galego e preservar a súa autenticidade. Aínda que ás veces non nos decatemos, moitas ...
53
26/04/2023
28/02/2025
Conducir ben é cousa de práctica e o mesmo pasa ao aprender unha lingua. Por iso, neste artigo coñecerás dez termos relacionados coa condución para manexáreste mellor.
48
15/03/2023
28/02/2025
O fútbol é un dos deportes que máis seareiros e seareiras ten en Galiza. Por iso, neste artigo amósovos o vocabulario deste deporte para que poidades ir ...
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer