Como se di “superviviente” en galego?

Hai palabras que escoitamos tan a miúdo en castelán que ás veces esquecemos como se din correctamente en galego. Un bo exemplo é “superviviente”, unha forma que aparece en noticias, conversas e redes sociais… mais que non é galega.

Neste artigo explicámosche que dous termos hai en galego para evitarmos este castelanismo que se infiltrou no noso día a día.

Como se di “superviviente” en galego?

Se imos ao miolo da cuestión, cómpre lembrarmos que en galego temos o verbo sobrevivir e do verbo sobrevivir fórmase o adxectivo ou substantivo “sobrevivente, seguindo as regras propias da nosa lingua.

Foi o único sobrevivente do accidente e tardou meses en recuperarse.
Os bombeiros rescataron varios sobreviventes entre os restos do edificio.

A forma supervivente tamén é correcta e está recollida no Dicionario da Real Academia Galega, mais ten unha formación máis culta e vén directamente do latín supervīvens, -entis. Ambas as formas son normativas.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer