Alfabeto galego: letras, nomes e dígrafos do galego

O alfabeto galego, igual que outras linguas románicas, baséase no alfabeto latino. Neste artigo imos descubrir cantas letras ten o abecedario galego e cal é o nome correcto de cada unha.

Se algunha vez te preguntaches por que o g non se le “xe”, o q non é “cu” nin o x se di “equis”, aquí atoparás todas as respostas.

Cantas letras ten o abecedario galego?

O abecedario galego consta de 23 letras: 5 vogais e 18 consoantes. Cómpre sinalar que o nome das letras é sempre masculino: o a, o b, o c

GRAFÍANOMEGRAFÍANOME
aañeñe
bbeoo
ccepp
ddeqque
eererre
fefesese
gguette
hhacheuu
iivuve
lelexxe
memezceta
nene

Os dígrafos en galego

Un dígrafo é a combinación de dúas letras que representan un único son. En galego existen seis dígrafos:

GRAFÍANOME
chce hache
gugue u
llele dobre
nhene hache
quque u
rrerre dobre

Estes grupos forman sons únicos, polo que contan como unha soa unidade fonética, aínda que se escriban con dúas letras.

Outras letras usadas ocasionalmente

Ademais das 23 letras oficiais, en textos ou nomes propios tamén poden aparecer outras letras non propias do galego:

GRAFÍANOME
jiota
kka
wuve dobre
yi grego
çcedilla

Estas letras úsanse principalmente en palabras estranxeiras, marcas comerciais ou nomes propios, mais non pertencen ao alfabeto galego oficial.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Da canícula ao tosteiro vocabulario galego para esta vaga de calor
8/07/2026
8/07/2026
Cando chega a calor, o galego ten palabras para todo, isto é, para o sol que queima, para o aire que non corre, para a sede que ...
Os insectos voadores do verán en Galicia
1/07/2026
1/07/2026
Co verán chegan as noites longas, a calor e tamén os insectos. Algúns son benvidos, outros non tanto, mais todos forman parte da paisaxe galega nesta época ...
Incendios.gal a web cidadá para documentar os lumes en Galicia
17/06/2026
17/06/2026
Cada verán, e xa sen esperar o estío, Galicia arde. Ás veces, a información é dispersa e, a miúdo, quen está a ver o lume directamente non ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer