Como se di “ligar” en galego?

En galego podemos ligar, pero tamén moceamos, engatuxamos, engaiolamos, facémoslle as beiras a alguén e arrebatamos corazóns. E, ás veces, tamén botamos un foguete.

Neste artigo recompilamos os verbos, expresións e fórmulas que se poden empregar en galego para falar de relacións amorosas, atracción, sedución ou contacto físico, desde opcións máis formais ata outras máis coloquiais e populares.

Como se di ligar en galego?

En galego temos moitas palabras e expresións para falar de relacións amorosas. O verbo máis directo é mocear, pero existen moitas outras opcións que matizan a intención, a intensidade ou o estilo de sedución: arrebatar, cativar, conquistar, coquetear, cortexar, encandear, encantar, enfeitizar, engaiolar, engatuxar, engarguelar, engatar, fascinar, flirtear, galantear, marabillar, namorar, roldar ou seducir.

Cada unha destas palabras achega un matiz diferente e demostra que a nosa lingua ten recursos de sobra para falar do amor e do desexo con precisión e riqueza.

Expresións populares para andar detrás de alguén

Velaquí tes algunhas das expresións máis populares:

  • Facerlle as beiras a alguén
  • Facerlle a roda a alguén
  • Andar ao rabo de alguén
  • Andar en amores
  • Levar a alguén nas capeliñas dos ollos
  • Ser o chiche de alguén / ser o doe-doe de alguén
  • Caerlle a baba
  • Levar na alma
  • Comer a bicos

E cando a cousa vai a máis…

Tamén temos maneiras ben galegas de falar do sexo:

  • Facer o amor
  • Botar un foguete
  • Botar un quiqui
  • Bater na biqueira

Coñeces algunha outra expresión? Déixaa nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

3 comentarios en “Como se di “ligar” en galego?”

  1. Ola Noemí!
    Na miña familia utilizouse, de sempre, a expresión “botoulle a ghadoupa” para nos referir ó feito de ter ligado

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer