Como se di León XIV en galego? León catorce ou décimo cuarto?

Coa elección do novo papa León XIV, moita xente ten a mesma dúbida. Como se pronuncia? León catorce ou León décimo cuarto?

Imos resolver esta cuestión aproveitando a ocasión para falar de números romanos, papas e usos normativos do galego.

Como se pronuncia León XIV?

Nos nomes dos papas, os números romanos lense como ordinais ata o dez, é dicir, dicimos Xoán Paulo primeiro para Xoán Paulo I ou Xoán Paulo segundo para Xoán Paulo II.

Porén, a partir do número once, a cousa cambia. En lugar de seguir coa forma ordinal (como décimo primeiro, décimo segundo…), a forma recomendada en galego é usar números cardinais: once, doce, trece, catorce… Así, Bieito XVI dise Bieito dezaseis e León XIV, León catorce. A forma décimo cuarto, aínda que é comprensible, non é a máis axeitada.

Por tanto, o nome do novo papa escríbese León XIV, pero lése León catorce, con naturalidade e sen complicacións. Así que xa o sabes, se escoitas León décimo cuarto, podes corrixir con confianza (e con retranca, se fai falta).

E se ao falar de números tamén che xorden dúbidas e non sabes se se escribe vintecatro ou vinte e catro, non te preocupes, é unha dúbida común. Neste outro artigo explicamos cando os números se escriben xuntos e cando se escriben separados.

Bótalle unha ollada aquí!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Vintecatro ou vinte e catro Aprende a escribir os números
2/01/2024
6/04/2025
A escrita dos números cardinais é ben sinxela. Só debemos seguir unha única regra. En galego, as combinacións de números a partir do vinte escríbense separadas. Por ...
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer