Como se di poñer “en negrita” unha palabra? Formas de destaque en galego

Cando redactas un documento en Word, un correo ou unha publicación e queres destacar unha palabra, probablemente pensas en poñela *en negrita, mais esa expresión non é galega. A nosa lingua ten os seus propios termos para todas as formas de destaque tipográfico. Vexámolos un por un.

Letra grosa

En galego, o que o castelán é negrita denomínase letra negra ou letra grosa. Son as letras de maior grosor que usamos para destacar palabras importantes nun texto.

As palabras principais do texto aparecen en letra grosa.
Pon o título en negra para que destaque.

Letra cursiva

Aquí o galego ten dúas formas igualmente correctas: cursiva e itálica. Refírense á letra inclinada que se usa para títulos de obras, estranxeirismos, citas ou para dar énfase a algunha palabra.

Os exemplos deste dicionario están escritos en cursiva.
Escribiu a cita en itálica.

Subliñado

O subliñado é a liña que aparece baixo o texto para chamar a atención sobre el. En galego fórmase de xeito transparente: sub– (baixo) + liña, igual que submarino ou subterráneo. Non hai escusa para dicir *subraiado.

Non abuses do subliñado. Perde efecto se aparece en demasiados lugares.

Versaleta

A versaleta é un tipo de letra que ten a forma das maiúsculas pero o tamaño das minúsculas. Úsase moito na escrita dos números roamnos, nas siglas ou para efectos estéticos en títulos.

Os títulos de cada capítulo están escritos en versaleta.

Subíndice e superíndice

O subíndice é o texto de menor tamaño que aparece lixeiramente por baixo da liña de escritura normal, mentres que o superíndice é o que aparece por riba. Úsanse en fórmulas químicas, matemáticas, notas ao pé e abreviaturas.

Na fórmula da auga, o 2 vai en subíndice: H₂O.
As notas ao pé márcase cun número en superíndice.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Da canícula ao tosteiro vocabulario galego para esta vaga de calor
8/07/2026
8/07/2026
Cando chega a calor, o galego ten palabras para todo, isto é, para o sol que queima, para o aire que non corre, para a sede que ...
Os insectos voadores do verán en Galicia
1/07/2026
1/07/2026
Co verán chegan as noites longas, a calor e tamén os insectos. Algúns son benvidos, outros non tanto, mais todos forman parte da paisaxe galega nesta época ...
Incendios.gal a web cidadá para documentar os lumes en Galicia
17/06/2026
17/06/2026
Cada verán, e xa sen esperar o estío, Galicia arde. Ás veces, a información é dispersa e, a miúdo, quen está a ver o lume directamente non ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer