Se estás pensando en mellorar o teu galego ou necesitas acreditar o teu nivel para motivos laborais ou académicos, o Celga 4 pode ser o teu obxectivo. Neste artigo respondemos ás preguntas máis frecuentes sobre o exame Celga 4, os cursos e o proceso para obter o certificado.
Que é o Celga 4 e para que serve?
O Celga 4 é un dos cinco niveis de certificación de lingua galega establecidos polo sistema Celga (Certificado de Lingua Galega), que acredita o grao de competencia lingüística neste idioma. En concreto, este certificado que acredita un nivel avanzado de coñecemento do galego.
Unha persoa que ten o Celga 4 pode:
- Comunicarse de forma fluída e espontánea en situacións cotiás e profesionais.
- Producir textos detallados e coherentes sobre unha ampla gama de temas.
- Comprender textos longos e de certo nivel de dificultade, incluso aqueles con significados implícitos.
Este certificado é fundamental para moitas oposicións, postos públicos e certos traballos que requiren unha acreditación oficial de galego.
A que equivale o Celga 4?
Este nivel equivale ao nivel C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL), polo que certifica unha capacidade avanzada no uso do galego, tanto na expresión oral como escrita, así como na comprensión de textos complexos.
Isto concrétase en:
- Entender textos complexos, tanto de carácter abstracto como técnico, recoñecendo matices e significados implícitos.
- Redactar textos claros, estruturados e detallados sobre temas diversos, empregando un vocabulario rico e variado.
- Comunicarse de maneira fluída e espontánea en contextos formais e informais, con precisión e eficacia.
Como solicitar o certificado Celga 4?
Se cursaches o bacharelato en Galicia e aprobaches a materia de Lingua Galega e Literatura, xa dispós de xeito automático do título Celga 4. Só tes que acudir ao instituto onde realizaches os teus estudos e solicitalo.
Se necesitas presentarte ás probas para obter o certificado Celga 4, debes seguir estes pasos:
- Inscrición: completa o formulario de solicitude dispoñible na páxina oficial da Xunta de Galicia.
- Pago das taxas: o custo pode variar, pero adoita estar arredor dos 17€.
- Superar o exame: unha vez que realices e aprobes a proba, recibirás o certificado oficial que acredita o teu nivel de competencia en lingua galega.
É posible homologar o Celga con outros títulos?
Si, hai certas homologacións posibles.
Se cursaches unha titulación universitaria en Galicia con créditos de galego ou posúes outros títulos ou certificacións recoñecidos, tanto nacionais como internacionais, poderías acreditar un nivel Celga equivalente segundo o plan de estudos ou a avaliación da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Para xestionar unha homologacións, é necesario presentar unha solicitude formal ante o organismo correspondente, achegando a documentación que acredite a formación ou certificación que posúes. A Xunta de Galicia encárgase de determinar se é válida para o nivel Celga que queres acreditar.
Como é o exame Celga 4?
O exame do Celga 4 consta de varias partes que avalían diferentes competencias lingüísticas:
- Comprensión lectora: análise de varios textos seguidos de preguntas sobre o seu contido.
- Comprensión auditiva: escoita de audios con preguntas relacionadas para responder.
- Expresión escrita: realización de tarefas como a redacción de textos, tanto formais como informais.
- Expresión oral: intervencións que inclúen conversas ou monólogos sobre temas propostos.
A proba dura arredor de 3-4 horas, dependendo da convocatoria.
Modelo de exame de Celga 4
Déixoche a continuación o exame da convocatoria de maio – xuño de 2022 (Licencia CC Xunta de Galicia):
Documentación relacionada co exame:
- Proba escrita – Día 1.
- Proba escrita – Día 2.
- Proba escrita adaptada.
- Proba oral – Día 1.
- Proba oral – Día 2.
- Proba oral adaptada.
Data do exame de Celga 4 en 2025
A Xunta de Galicia organiza dúas convocatorias ao ano, habitualmente a finais de maio e novembro. Os exames teñen lugar nas sedes de Santiago de Compostela e Ponferrada, e as persoas interesadas poden inscribirse na convocatoria que mellor lles conveña. Este 2025 a Xunta de Galicia anunciou que tamén se poderán realizar as probas en Madrid.
Para o ano 2025, aínda non se anunciou a data exacta. Mais non te preocupes, subscríbete á nosa newsletter e avisarémoste en canto se publique.
Ademais, por rexistrarte recibirás un agasallo exclusivo: un ebook che axudará a non cometer os 250 erros máis habituais do galego e así e superar o exame Celga 4 con éxito.
Pódese solicitar o certificado Celga 4 online?
Si, unha vez superado o exame, é posible solicitar o certificado Celga 4 de forma telemática a través do portal oficial da Xunta de Galicia. Para facelo, debes:
- Acceder á plataforma da Xunta: inicia sesión coas túas credenciais ou, se non estás rexistrado, crea unha conta no sistema.
- Solicitar o certificado: segue os pasos indicados para realizar a solicitude do documento.
- Descargar o certificado: unha vez procesada a túa solicitude, poderás obter o certificado en formato PDF, listo para imprimir ou gardar.
Ademais, é importante que revises os prazos e os requisitos específicos indicados na convocatoria para evitar contratempos. Se tes algún problema durante o proceso, tamén podes contactar co servizo de atención ao cidadán da Xunta.
Existen cursos online para o Celga 4?
Si. E nós recomendamos un curso en liña que podes atopar aquí.
Esquece os métodos desactualizados. Aprende galego de xeito sinxelo, práctico e adaptado ao teu obxectivo. Mellora no traballo, preséntate a oposicións ou, simplemente, sinte seguridade ao falalo.





