Como se di en galego “ser un manitas”?

En castelán dise que alguén “es un manitas” cando ten habilidade para arranxar cousas, facer chapuzas, reparar, montar mobles ou calquera tarefa que requira un pouco de maña e creatividade coas mans. E en galego, como o dicimos?

Que significa “ser un milmañas”?

Ser un milmañas é unha expresión coloquial que usamos en galego para referirnos a alguén con moita maña, que se defende ben en todo, sobre todo, en cousas prácticas: arranxar unha porta, montar un estante, reparar un trebello ou mesmo facer manualidades.

  • O meu pai é un milmañas. Arránxame todo o que se estraga na casa.
  • A túa irmá é unha milmañas, mira que ben lle quedou o disfrace feito na casa!

Outras formas de dicilo

Se queres usar adxectivos, tamén podes optar por palabras como:

  • mañoso/a → É moi mañoso, sempre atopa o xeito de amañar as cousas.
  • apañado/a → Moi apañada ela, fixo o todo o traballo sen axuda.
  • habelencioso/a → Un rapaz habelencioso coma poucos.
  • habilidoso/a, hábil → Ten unha man habilidosa para a carpintaría.

E chapuza, como se di en galego?

Pois chapuza non é un castelanismo, así que pódelo usar para nomear unha obra mal feita sen problema. Tamén podes dicir chafallada, chafullada, chambonada, trangallada, trapallada ou zarapallada.

  • Vaia trapallada fixeches!
  • Iso é unha chafallada, tivo que vir outro arranxalo.
  • O vídeo quedou ben, pero o son é unha trangallada.
  • Contrataron a un que non sabía e fixo unha zarapallada.
Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer