Carta aos Reis Magos en galego para descargar

Queres escribirlle unha carta ás súas maxestades de Oriente este Nadal? Só tes que descargar esta carta aos Reis Magos en galego, escribir os teus desexos e prepararte para unha noite chea de ilusión.

Carta aos Reis Magos para descargar

Velaquí tes tres modelos de carta aos Reis Magos en PDF para descargar.

A tradición dos Reis Magos en Galicia

Os Reis Magos, xunto ao Apalpador, son unha das tradicións máis esperadas en Galicia durante o Nadal. A noite do 5 de xaneiro, Melchor, Gaspar e Baltasar percorren vilas e cidades en maxestuosas cabalgatas, repartindo caramelos e deixando agasallos nas casas dos nenos e nenas que escribiron a súa carta con desexos.

En moitos fogares galegos, déixanse zapatos no salón e prepáranse doces e leite para os Reis e cenorias para os camelos. A mañá do 6 de xaneiro é o momento de descubrir os agasallos, sempre co espírito de agradecemento e ilusión que caracteriza esta tradición. Unha celebración máxica que mestura cultura, familia e moita emoción!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Carta ao Apalpador_As chaves da lingua_1

23/12/2024

O Apalpador é unha das figuras máis recoñecibles do Nadal galego. Trátase dun carboeiro bo e tranquilo que baixa das montañas do Courel na noite do 24 ...
20

17/12/2024

O Nadal en Galicia é unha época máxica, onde o espírito das festas mestúrase coa riqueza das nosas tradicións e a calor das xuntanzas familiares. Neste artigo ...
8

16/12/2024

O Nadal é unha época chea de tradicións, historias e celebracións especiais. En galego, temos un léxico propio que reflicte a nosa cultura e xeito de vivir ...
Últimos artigos publicados
postais de nadal en galego

17/12/2025

Chega o Nadal e con el a tradición de enviarlles felicitacións aos nosos seres queridos. Este ano, desde As chaves da lingua ofrecémosche unha ferramenta completamente gratuíta ...
Libros do Apalpador

15/12/2025

O Apalpador é unha das figuras máis entrañables da tradición galega do Nadal. Este xigante bondadoso que baixa das montañas na Noiteboa para apalpar as barrigas dos ...
Filmes de Nadal en galego dispoñibles en Netflix

14/12/2025

O Nadal tamén se pode ver en galego. En Netflix hai algúns filmes de temática natalicia que permiten escoller o galego como idioma, unha opción pouco coñecida ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego