Begoña Caamaño: libros para coñecer a autora das Letras Galegas 2026

Begoña Caamaño é a escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. Xornalista, activista e autora de obras como Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle, a súa figura combina literatura, compromiso social e defensa do galego dunha forma difícil de separar. Se queres coñecela antes do 17 de maio, aquí tes catro libros para empezar.

Begoña ou o pracer da amizade de Beatriz Maceda

Unha obra pensada para lectores e lectoras a partir dos 11 anos que achega a figura de Begoña Caamaño desde un ángulo pouco habitual nas biografías, o da amizade como valor central. Beatriz Maceda retrata unha muller que fixo da palabra un acto de rebeldía e sororidade e que deixou pegada en todos os que a coñeceron

Os fíos de Begoña de Eva Mejuto

Unha biografía ilustrada por Nuria Díaz que percorre a vida de Caamaño desde a infancia até se converter nunha das voces máis importantes da radio, o activismo e a literatura galega. O fío como metáfora dun legado que, malia romperse cedo, segue tecendo memoria.

Begoña Caamaño de Xosé Manuel Varela e Icía Varela

Con textos de Icía e Xosé Manuel Varela, e ilustracións de Nerea Gómez, este volume percorre a vida, a obra e o activismo de Caamaño desde a infancia ata o seu legado actual. Pensado para as aulas, inclúe mapas do mundo grego e da Materia de Bretaña, redes de personaxes das súas grandes obras e recursos didácticos para traballar valores como a igualdade, a sororidade e a memoria histórica.

Begoña Caamaño. Pequena biografía de Tania Solla

Tania Solla achéganos a Begoña Caamaño nunha biografía ilustrada de 32 páxinas dentro da colección Mulleres Galegas de Lela Edicións. Un formato sinxelo e directo para descubrir a unha muller que cría que o momento era «de cambiar o xogo», non as regras.

Catro formas de achegarse a unha autora que merece ser coñecida non só o 17 de maio, senón todo o ano.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer