Acentuación en galego: 5 regras que che farán a vida máis doada

Poñer acentos en galego non é difícil se sabes cando facelo. Se ti tamén dubidas cada vez que escribes, aquí tes unha guía sinxela para aprenderes a acentuar en galego dunha vez por todas. Sen teorías arrevesadas nin normas imposibles de lembrar. Só as 5 claves que realmente necesitas.

Regras de acentuación

Palabras agudas

As palabras agudas, tamén chamadas oxítonas nalgúns manuais, acentúanse cando teñen dúas ou máis sílabas e rematan en vogal, -n, -s ou –ns.

Exemplos: café, avó, calcetín, mazás, pantalóns

Ollo! As palabras agudas non se acentúan cando acaban de ditongo decrecente seguido ou non de –n ou –s.

Exemplo: ademais, bailou, viviu, caracois

Tampouco se acentúan as palabras monosílabas, a non ser que leven acento diacrítico.

Palabras graves

As palabras graves, tamén chamadas paroxítonas, acentúanse cando rematan nunha consoante distinta a –n, -s, –ns ou en ditongo decrecente.

Exemplos: difícil, túnel, carácter

Ollo! En galego, os adverbios rematados en –mente non se acentúan, xa que se consideran palabras graves rematadas en vogal. Exemplo: facilmente, practicamente, axilmente

Palabras esdrúxulas

As palabras esdrúxulas, tamén chamadas proparoxítonas, acentúanse todas.

Exemplos: árbore, teléfono, lámpada, collíchelo, tróuxoo

Por influencia do castelán, ás veces, pensamos que certas palabras non son esdrúxulas cando realmente si o son como, por exemplo, aeróstato, alvéolo, bronquíolo, cardíaco, dínamo

Neste artigo poderás descubrir palabras esdrúxulas en galego que non sabías que o eran.

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Por que o acento diacrítico en galego é máis importante do que pensas
24/02/2025
20/03/2025
Poñer ou non poñer acento? Esa é a cuestión. En galego, hai palabras que cambian completamente de significado cun simple acento. Neste artigo, imos explorar as palabras ...
37
29/03/2024
28/02/2025
Seguramente, algunha vez tiveches as seguintes dúbidas: por que escribirase xunto ou separado? Levará acento? Pois neste artigo aprenderás a diferencialos. porque en galego O primeiro que ...
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer