Aprende cal é o significado de asemade en galego

Asemade é un conector que non sempre se emprega axeitadamente. É común atopar erros no seu uso, xa que en moitas ocasións se confunde con ademais. Neste artigo explicaremos cal é o significado de asemade, como e cando usalo correctamente en galego e que alternativas existen segundo o contexto.

Cando se utiliza asemade?

Asemade pode utilizarse como adverbio cando ten o significado de ‘ao mesmo tempo’ ou ‘simultaneamente’.

  • Non se pode comer e falar asemade.
  • Non podes facer os deberes e ver a televisión asemade, pois non te concentras.

Tamén se pode utilizar como conxunción co significado de ‘tan pronto como’.

  • Foi o primeiro que vimos asemade entramos.
  • Recoñecino asemade o vin.

Cando non se pode utilizar asemade?

É incorrecto empregar asemade como sinónimo de tamén, ademais ou igualmente. Na nosa lingua non ten ese uso.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
vendima en galego
19/08/2026
19/08/2026
A piques de comezar setembro, achégase un dos momentos máis importantes do ano no campo galego: a vendima. Nas Rías Baixas, na Ribeira Sacra, en Valdeorras, no ...
o vocabulario da eclipse
5/08/2026
5/08/2026
O 12 de agosto de 2026 os ollos de toda Galicia estarán postos no ceo debido á eclipse total de Sol, un fenómeno que non se vía ...
Dis orquesta Pois estás a dicilo mal
29/07/2026
4/08/2026
Chega o verán e con el as festas, as verbenas e as noites de troula. Mais hai algunhas palabras moi típicas destas datas que non se adoitan ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer