Incendios.gal: a web cidadá para documentar os lumes en Galicia

Cada verán, e xa sen esperar o estío, Galicia arde. Ás veces, a información é dispersa e, a miúdo, quen está a ver o lume directamente non ten onde deixar ese testemuño. Incendios.gal nace para cubrir ese baleiro.

Que é incendios.gal?

É un portal de información aberta e colaborativa sobre incendios forestais en Galicia. Non é un recurso oficial nin substitúe os servizos de emerxencia.

É unha ferramenta cidadá onde calquera persoa pode documentar o que está a ver en tempo real.

O proxecto foi creado por Anxo Sánchez para Orgullo Galego.

Como funciona?

O funcionamento é moi sinxelo. Se estás a ver un incendio ou sabes dalgún, podes entrar en incendios.gal e facer as seguintes accións:

  • Subir imaxes de lumes, fume ou estradas cortadas.
  • Engadir un testemuño descritivo do que acontece.
  • Lanzar un aviso de solidariedade cidadá.
  • Xeolocalizar o incendio no mapa.

Para que serve?

A utilidade principal é a de crear un mapa colaborativo en tempo real dos incendios. Isto permite:

  • ter unha visión xeral do que está a arder nun momento dado;
  • que os veciños e veciñas teñan un espazo para amosar o que está a acontecer en tempo real;
  • que calquera persoa interesada poida acceder a testemuños e imaxes directas.

É importante ter en conta que os datos son colaborativos e poden non estar verificados. A información que aparece provén de persoas anónimas e debe interpretarse como tal.

Que non é incendios.gal?

Non é un servizo de emerxencias. Se ves lume, o primeiro que tes que facer é chamar ao 085, o número de atención a emerxencias forestais en Galicia. Despois, se queres documentalo, podes facelo en incendios.gal.


Por que é relevante?

En Galicia, a información sobre incendios adoita estar fragmentada. O verán pasado demostrounos que cando os lumes se multiplican, moitos quedan sen cobertura e sen rastro. Incendios.gal existe para que iso non ocorra. Calquera persoa con móbil pode documentar o que está a ver e deixalo rexistrado nun lugar común, aberto e accesible para toda sociedade.

Se tes veciños, familiares ou amizades en zonas con risco de lume, pásalles a ligazón. Canta máis xente use esta aplicación, máis útil resulta.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer