Poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro

A obra de Celso Emilio Ferreiro mantense viva non só pola forza da súa palabra, senón porque moitos músicos a fixeron soar máis alá do papel. Este artigo recompila sete poemas musicados que axudan a entender por que Ferreiro segue a ser unha das voces máis potentes da literatura galega contemporánea.

Quen era Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro (1912–1979) é unha das figuras decisivas da poesía galega do século XX. O seu traballo destaca polo compromiso político, pola defensa firme da lingua e pola capacidade de usar a poesía como ferramenta de denuncia, reflexión e resistencia. A súa vida estivo marcada pola guerra, pola represión e polo exilio, experiencias que condicionaron o ton de boa parte da súa obra.

A súa poesía combina lirismo, ironía e crítica social cunha voz directa e inconfundible. Entre os seus libros máis relevantes están Longa noite de pedra, Onde o mundo se chama Celanova, O soño sulagado e Viaxe ao país dos ananos. Neles trata temas como a inxustiza, a identidade galega, a memoria persoal e colectiva, a conciencia política e a dor do exilio.

A potencia oral e rítmica dos seus versos converteu moitos deles en textos perfectos para seren musicados. Por iso, parte da súa obra deu o salto natural ao escenario e ampliou aínda máis o seu impacto cultural.

Poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro

Consellos musicado por Amancio Prada

Irmaus musicado por Fuxan os ventos

Un día musicado por Son Trío

Abrente musicado por A banda da Loba

Xaneiro, 1972. II musicado por Quince soles e Lucía Pérez

Longa noite de pedra musicado por Astarot

Espranza musicado por Suso Vaamonde

Deitado frente ao mar musicado por Dios Ke Te Crew

Coñeces máis versións musicadas de Celso Emilio Ferreiro? Déixaas nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

8 comentarios en “Poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro”

  1. Canto me alegro de ver que a mocidade vén con ideas de defensa do modo. Pero tamén que mágoa que aínda teñamos que estar nisto. Parabéns Noemí e moitas grazas polo traballo ben feito, tamén pola túa xenerosidade. Eu que xa cerré as portas das aulas, e estou na outra barreira, creo firmemente que o teu traballo e afecto pola lingua e a cultura fará que SE ALCEN VOCES. GRAZAS

    Responder
  2. Hai un montón de versións musicadas do poema Eu en tí: Salvador Sobral, Suso Vaamonde, A Quenlla, Uxía, Mutenrohi, algunha máis creo.

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer