É correcto dicir americano/-a para referírmonos a unha persoa dos Estados Unidos?

Primeiro falemos dos xentilicios.

Que son os xentilicios?

Os xentilicios son as palabras que designan o lugar de orixe dunha persoa. Por exemplo, unha persoa nada na Coruña é coruñés ou coruñesa.

Xentilicio dos Estados Unidos

Pois ben, no caso dos Estados Unidos a Real Academia Galega recolle tres posibles xentilicios: estadounidense, americano e norteamericano.

No entanto, cómpre termos en conta que o xentilicio americano, -a fai referencia á ‘persoa natural ou habitante dos Estados Unidos de América’, mais tamén á ‘persoa natural ou habitante de América’. De parecido xeito, no termo norteamericano, -a coexisten dúas acepcións: ‘de América do Norte ou dos seus habitantes’ e ‘dos Estados Unidos de América’.

Polo tanto, para evitarmos ambigüidades, o termo preferible para chamarlle a unha persoa dos Estados Unidos é estadounidense.

Táboa con algúns xentilicios estadounidenses

LugarXentilicio
Nova Yorkneoiorquino, neoiorquina
Washingtonwashingtoniano, washingtoniana
Texastexano, texana
Hawaihawaiano, hawaiana
Californiacaliforniano, californiana
Xeorxiaxeorxiano, xeorxiana
Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Tabú en galego
29/04/2026
29/04/2026
Hai xogos que non precisan presentación. Reúneste cunhas amigas, fas equipos e xa sabes que vai pasar: risas, berros, alguén que solta a palabra prohibida na primeira ...
A tradición dos Maios por que poñemos xestas nas portas e nos coches a noite do 30 de abril ao 1 de maio
27/04/2026
27/04/2026
Se nunca te preguntaches por que hai coches con ramas de flores amarelas no parabrisas cada 1 de maio, este artigo é para ti. Detrás dese xesto ...
As chaves da lingua gaña un dos Premios Mil Primaveras
20/04/2026
26/04/2026
Temos unha nova que nos fai especial ilusión compartir. As chaves da lingua é un dos catro proxectos galardoados nos VII Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora ...

2 comentarios en “É correcto dicir americano/-a para referírmonos a unha persoa dos Estados Unidos?”

  1. Que sexan sinónimos non quere dicir que se poidan utilizar en todos os contextos, non é? Por exemplo, nun documento xurídico/legal non sería máis axeitada a forma americano/americana sobre norteamericano/norteamericana? Son os Estados Unidos de América e non os Estados Unidos de América do Norte /Norteamérica. E si, americano é tamén calquera habitante do continente, pero Estados Unidos tamén é México: Estados Unidos Mexicanos.

    Responder
    • Ola, Manuel! Efectivamente ao seren sinónimos, podemos empregalos en todos os contextos e non sería incorrecto. Agora ben, unha das máximas da linguaxe administrativa é a claridade. Por iso, se queremos evitar a ambigüidade nos textos administrativos ou xudíricos, o habitual é escribimos “estadounidense”. No dicionario da RAG, o termo “estadounidense” só fai referencia aos Estados Unidos de América. Para referírmonos á unha persoa nada nos Estados Unidos Mexicanos, temos “mexicano, a”.

      Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer