Sabedoría popular: refráns galegos de outubro

Outubro chega co arrecendo da terra mollada, coas primeiras noites frías e cos ourizos das castañas espallados polos soutos. É un mes de transición, o verán xa quedou atrás e o inverno comeza a asomar. A xente do rural miraba ao ceo e ás colleitas para marcar o ritmo da vida e desa observación naceron refráns que aínda hoxe perduran.

Neste artigo recollemos algúns deses refráns galegos de outubro para descubrir que nos contan sobre o tempo, as colleitas e os costumes.

Refráns de outubro

  • A lúa de outubro a sete cubre e se chove, nove.
  • A verdura de san Simón dá para o amo e mais para o ladrón.
  • Áncoras ao fondo, que chega san Simón.
  • As avenidas de san Simón, antes ou despois sonadas son.
  • Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
  • Por san Quintín castañas ao rolín.
  • Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landra e san Andrés o touciño.

Coñeces máis refráns? Déixaos nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
vendima en galego
19/08/2026
19/08/2026
A piques de comezar setembro, achégase un dos momentos máis importantes do ano no campo galego: a vendima. Nas Rías Baixas, na Ribeira Sacra, en Valdeorras, no ...
o vocabulario da eclipse
5/08/2026
5/08/2026
O 12 de agosto de 2026 os ollos de toda Galicia estarán postos no ceo debido á eclipse total de Sol, un fenómeno que non se vía ...
Dis orquesta Pois estás a dicilo mal
29/07/2026
4/08/2026
Chega o verán e con el as festas, as verbenas e as noites de troula. Mais hai algunhas palabras moi típicas destas datas que non se adoitan ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer