Refráns de setembro: a sabedoría popular para despedir o verán

O mes de setembro sempre tivo unha presenza especial na cultura popular galega. É tempo de vendimas, de colleitas e de transición cara ao outono. O traballo no campo, o clima cambiante e as festas de fin do verán deixaron a súa pegada en forma de refráns que agochan séculos de experiencia.

Neste artigo, recompilamos algúns dos refráns máis coñecidos de setembro en galego para que os coñezas, os uses e, se cadra, descubras que seguen a ter vixencia no noso día a día.

Refráns de setembro

Refráns sobre a predición do tempo

  • En setembro arden os montes e secan as fontes.
  • Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes.

Refráns sobre a agricultura

  • A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.
  • En setembro colle o viño e non durmas no camiño.
  • En setembro come e vende, mais non sexa tanto o comer que non deixes que vender.
  • En setembro vendima correndo.
  • Se queres mel, telo por san Miguel.
  • Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas e se queres ter mel mira polo san Miguel.

Refráns sobre santos

  • Polo san Mateo cada un vendima o seu.
  • Polo san Miguel mete as uvas no tonel.
  • San Miguel das uvas maduras, que tarde vés e que pouco duras.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landra e san Andrés o touciño.

Sabías que o mes de setembro tamén se chama san Miguel?

En Galicia, é habitual chamarlle ao noveno mes do ano san Miguel. Se queres coñecer o nome dos outros meses, bótalle unha ollada ao seguinte artigo:

O nome dos meses en galego que, se cadra, non sabías.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer