Libros en galego para reflexionar e celebrar o 8M

O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia e as conquistas que aínda quedan por acadar. A literatura en galego, escrita por e sobre mulleres, é un reflexo desas loitas e tamén unha ferramenta poderosa para promover o feminismo e a igualdade.

Neste artigo, recoméndoche algúns libros en galego cos que poderás reflexionar, emocionarte e celebrar o papel das mulleres na nosa sociedade.

Lecturas en galego para o 8M

Mulleres que (nos) dan que pensar de África López Souto

Este libro pon o foco en mulleres galegas que deixaron unha pegada profunda na nosa historia, pero que moitas veces foron esquecidas. Unha obra que reivindica o papel destas figuras e nos invita a reflexionar sobre a súa relevancia.

Chámame señora, pero trátame coma a un señor de Inma López Silva

Neste ensaio, Inma López Silva analiza con lucidez e ironía as contradicións que as mulleres seguen a atopar nos espazos de poder, na cultura e na vida pública. A partir de experiencias persoais e reflexións críticas, a autora cuestiona os prexuízos, os teitos de cristal e as dinámicas de desigualdade que se manteñen, mesmo en contextos que se consideran avanzados.

Feminismos de María Reimóndez e Olga Castro

Este ensaio analiza os diferentes feminismos e explora como estes axudan a combater as violencias machistas. Ideal para quen desexe unha visión teórica clara e didáctica.

Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia? de Susana Reboreda Morillo (coord.)

Esta publicación ten o obxectivo de visibilizar o papel das mulleres naa historia e cuestionar a narrativa tradicional centrada no home.

A Galiza feminista. Tebras e alboradas de Miriam Couceiro Castro

Este libro traza a historia do movemento feminista en Galicia, desde os seus inicios ata as folgas do 8M. Cunha narrativa clara e accesible, a autora destaca a importancia desta loita para comprender a realidade galega actual. Máis que unha crónica, o libro é unha homenaxe ás mulleres que seguen marchando na procura dunha igualdade que aínda está por acadar.

María Vázquez Suárez, a mestra socialista que o franquismo asasinou de Aurora Marco

A autora reconstrúe a vida desta mestra socialista que exerceu o seu labor pedagóxico cun forte compromiso social ata que a represión franquista acabou coa súa vida. A través da investigación histórica e da recuperación de documentos e testemuños, o libro devolve nome e memoria a unha muller que simboliza a persecución sufrida por moitas mestras republicanas durante a ditadura.

Literatura infantil e xuvenil para o 8M

Pioneiras de Anaír Rodríguez

Un libro ilustrado que achega ás lectoras e lectores as historias de mulleres galegas que abriron camiño en diferentes campos. Perfecto para aprender e inspirarse coa valentía das pioneiras que desafiaron as normas do seu tempo.

Bárbaras de María Reimóndez

Este libro aborda a menstruación como un tema central para reflexionar sobre cuestións como o sexismo, a ecoloxía, o racismo e a transfobia. Cun ton desenfadado, o libro reivindica a importancia de falar abertamente deste proceso natural que afecta a máis da metade da poboación. Máis alá da regra, trátase dunha chamada á rebeldía das Bárbaras! que desafían as normas e contribúen a construír un mundo máis xusto.

Os corpos invisibles de Emma Pedreira

Trátase dunha novela ambientada no Londres da Revolución Industrial que ten como protagonista a unha rapaza de 15 anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil. A obra reflexiona sobre a invisibilidade das mulleres na historia e reivindica o papel das voces femininas que foron silenciadas ao longo do tempo.

Feminino singular, en plural de Concha Blanco

Trátase dun libro de poemas biográficos que rende homenaxe a mulleres galegas pioneiras cuxas historias foron moitas veces esquecidas. A través de versos e ilustracións de Laura Romero, a obra recupera as súas vidas e convida a reivindicar a memoria e o papel das mulleres na historia.

A literatura como ferramenta de cambio

Os libros non só nos axudan a comprender o mundo, senón que tamén poden cambiar a nosa forma de velo. Este 8M, invítote a achegarte a estas lecturas en galego para descubrir novas voces, aprender e celebrar a diversidade e a forza das mulleres.

E ti, que libros recomendarías para o 8M? Cóntanolo nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...
14
25/11/2024
18/02/2026
No 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a literatura axúdanos a comprender mellor o mundo en que vivimos. Ler sobre a ...
18
21/11/2024
18/02/2026
O 25N conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha data profundamente significativa que convida á reflexión, á acción e á mobilización ...
Últimos artigos publicados
Incendios.gal a web cidadá para documentar os lumes en Galicia
17/06/2026
17/06/2026
Cada verán, e xa sen esperar o estío, Galicia arde. Ás veces, a información é dispersa e, a miúdo, quen está a ver o lume directamente non ...
Que serie da Xeración Xabarín marcou a túa personalidade Fai o test e descúbreo
10/06/2026
10/06/2026
Todo comezou o 18 de abril de 1994. Un xabarín con camisola amarela animábanos a afiliarnos ao seu club. Durante anos, as tardes de miles de nenos ...
De andar ás minchas ao sobresaínte o vocabulario dos exames en galego
3/06/2026
4/06/2026
Estamos en época de exames e o vocabulario que usamos no día a día, ás veces, sae en castelán sen dármonos conta. Aquí tes un repaso ás ...

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer