O Nadal é unha época perfecta para gozar da lectura. Os días fríos, as noites longas e o ambiente acolledor convídannos a abrir un libro e a deixarnos levar por historias cheas de maxia, emoción e tradición. Se alén diso queres mergullarte na nosa lingua, aquí che deixo unha selección de libros con temática natalicia en galego, perfectos para estas datas.
Libros sobre o Nadal
O Nadal antes de Cristo de Lidia Mariño

Un libro orixinal e sorprendente que reflexiona sobre as raíces precristiás do Nadal e como moitas das nosas tradicións teñen orixes pagás. A autora, Lidia Marño, mergúllase en costumes ancestrais e rituais relacionados co solsticio de inverno e ofrece unha visión histórica e cultural que convida á reflexión. Perfecto para quen busca algo diferente nas súas lecturas de Nadal.
Nadalario de Rena Ortega

Nadalario: distintas formas de celebrar o Nadal polo polo mundo, de Rena Ortega, é un libro que propón unha viaxe polas distintas culturas para descubrir como se celebra o Nadal en diferentes países. A través de curiosidades sobre comidas, música, filmes, personaxes que reparten agasallos e tradicións singulares, o libro responde a preguntas como que se cea na Noiteboa noutros lugares ou quen leva os regalos máis alá de Papá Noel.
Contos de Santos e Nadal de Ramón Otero Pedrayo

Esta obra de Otero Pedrayo, un dos grandes nomes da literatura galega, recolle relatos onde o Nadal e a espiritualidade se entrelazan co estilo único do autor. As historias transportan o lector a un tempo pasado, onde as tradicións, a fe e a maxia propia do Nadal teñen un papel protagonista. Un libro que nos convida a redescubrir o significado máis profundo destas datas.
Un conto de Nadal (versión en galego) de Charles Dickens

Este clásico universal, que nos fala de solidariedade e segundas oportunidades, é unha lectura ideal para reflexionar durante as festas e lembrar o que realmente importa no Nadal.
Libros infantís sobre o Nadal
Sempre Nadal de Desiré Acevedo

Este álbum infantil de Desiré Acevedo contén ilustracións de Sara Sánchez e foi traducido por Iolanda Mato Creo. A historia lévanos á casa de Pepín, onde a familia se prepara con ilusión para celebrar o Nadal. Unha obra que invita a reflexionar sobre a importancia de vivir os valores do Nadal durante todo o ano.
Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta de Isabel Freire

Esta obra de teatro de Isabel Freire presenta unha visión fresca e divertida do Nadal a través dos Reis Magos e a súa relación co mundo moderno. Chea de humor e crítica amable, a obra reflexiona sobre o sentido das tradicións e como estas se adaptan aos tempos actuais. Ideal para ler en grupo ou para ser representada, especialmente en contextos educativos ou familiares.
O Apalpador e a castaña máxica de Xoán G.

Este conto infantil recupera a figura tradicional do Apalpador, o carboeiro que baixa das montañas do Courel cada Nadal para apalpar as barrigas dos nenos e desexarlles abundancia. Nesta historia, o Apalpador atopa unha castaña moi especial que cambiará o Nadal dun grupo de nenos e nenas. Unha lectura fermosa para compartir en familia e transmitir a tradición galega.
Libros sobre o Apalpador
Nos últimos anos, a literatura en galego recuperou a lenda do Apalpador con títulos que a achegan ás novas xeracións. Fronte a figuras importadas, o Apalpador representa unha tradición enraizada na nosa terra que moitas familias están a recuperar. Neste artigo repasamos os principais libros en galego sobre a súa figura que podes atopar no mercado.

E ti, xa tes a túa lectura de Nadal? Déixanos un comentario e comparte as túas recomendacións!





