Vintecatro ou vinte e catro? Aprende a escribir os números en galego

A escrita dos números cardinais é ben sinxela. Só debemos seguir unha única regra.

En galego, as combinacións de números a partir do vinte escríbense separadas. Por iso, é incorrecto dicir *vintecatro. A única forma válida é vinte e catro.

Como se escriben os números en galego?

cero
un/unha
dous/dúas
tres 
catro
cinco
seis
sete
oito
nove
dez
once
doce
trece
catorce
quince
dezaseis
dezasete
dezaoito
dezanove
vinte
vinte e un/unha
vinte e dous/dúas
trinta
trinta e un/unha
trinta e dous/dúas
corenta
cincuenta
sesenta
setenta
oitenta
noventa
cen
cento un/unha
douscentos/duascentas
trescentos/-as
catrocentos/-as
cincocentos/-as,  quiñentos/-as
seiscentos/-as
setecentos/-as
oitocentos/-as
novecentos/-as
mil
mil un/unha
dous/dúas mil

É habitual escoitarmos nalgunhas zonas as formas *dazasies, *dazasete, *dazaoito ou *dazanove, mais son incorrectas. A norma establece que os números compostos sobre dez, deben manter o “e”: dezaseis, dezasete, dezaoito e dezanove.

Vintecinco ou vinte e cinco, como es escribe 2025?

Unha das dúbidas que máis nos formularon é como escribir o ano actual, vintecinco ou vinte e cinco?

A resposta segue a mesma regra que para os demais números compostos entre 21 e 29: a forma correcta é vinte e cinco. A forma vintecinco é incorrecta, xa que os números desta franxa van sempre separados pola conxunción e.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer