Que expresións galegas hai para “ver as estrelas” e “nacer con estrela”?

Dúas expresións, unha mesma palabra: estrela. Pero o significado non pode ser máis oposto. Unha fala de sorte e fortuna desde o nacemento, mentres que a outra describe o momento en que a dor é tan intensa que che fai ver luces.

En galego temos varias formas de expresar ambos os conceptos e moitas delas son máis ricas e expresivas que simple “nacer con estrela” ou “ver as estrelas”. Algunhas inclúen referencias relixiosas, outras apelan á ironía e outras fan uso de hipérboles que rozan o absurdo.

Vexamos que alternativas ofrece a nosa lingua para estas dúas situacións tan diferentes.

Nacer con estrela en galego

Cando dicimos que alguén naceu con estrela, falamos dunha persoa á cal todo lle sae ben, que ten unha sorte especial. É a expresión equivalente ao castelán “nacer con estrella” ou “nacer con buena estrella”.

Expresións equivalentes en galego:

  • Nacer con boa fada.
  • Nacer de pé (coma o gato).
  • Estar arrimado a Deus coma os tronos.
  • Ter a sorte dun afogado.

Ver as estrelas en galego

Esta expresión refírese a un momento en que unha dor física é tan forte que che fai ver estrelas. Ao contrario da expresión anterior, aquí as estrelas non traen sorte, senón sufrimento.

Expresións equivalentes en galego:

  • Ver a Deus polo cu dunha agulla / por un burato.
  • Ver o ceo habaneiro.

Coñeces algunha outra expresión? Déixaa nos comentarios!

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...

2 comentarios en “Que expresións galegas hai para “ver as estrelas” e “nacer con estrela”?”

  1. Sabes, Noemí? Aquí, en Gondomar para “ver as estrelas” usamos moito a expresión ” ver a Deus na corte das cabras”

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer