Como evitar a linguaxe sexista en galego: consellos prácticos

Como evitar a linguaxe sexista en galego: consellos prácticos

A linguaxe non é só unha ferramenta de comunicación, tamén é un reflexo da sociedade en que vivimos. O galego, como calquera lingua, foi moldeada por séculos de prácticas e estruturas que, en moitos casos, invisibilizaron a certos grupos, especialmente ás mulleres. Por iso, aquí che deixo unhas pautas prácticas para evitares o sexismo na linguaxe e promoveres unha comunicación máis inclusiva. Ten en conta que as tres primeiras opcións non teñen ningunha marca de xénero polo que se consideran as máis recomendables.

Substantivos colectivos

Utiliza substantivos colectivos como alumnado, cidadanía, profesorado, funcionariado, mocidade, xuventude, xente, veciñanza, poboación

Acudiron todos os veciños a apagar o lume.

✔️ Acudiu toda a veciñanza a apagar o lume.

Perífrases nominais

Usa perífrases nominais como a persoa interesada, o cadro de persoal, o cadro de xogadores, o persoal de limpeza

Os interesados enviarán un correo.

✔️ A persoa interesada enviará un correo.

Pronomes

Podes utilizar pronomes sen marca de xénero como por exemplo: cada contribuínte, calquera artista, quen aspirar a……

O que queira participar que se apunte.

✔️ Quen queira participar que se apunte.

Desdobramento

Outra opción válida é o desdobramento dos substantivos.

Os alumnos de Galego

✔️ Os alumnos e as alumnas de Galego

Barra diagonal

Tamén existe a posibilidade de utilizar a barra diagonal.

Os alumnos de Galego

✔️ Os/as alumnos/as de Galego

Ollo!

O uso do arroba non se considera correcto, xa que non é un signo lingüístico. Polo tanto, escribir cousas como “Ola a tod@s” é incorrecto en galego.

Por que é importante utilizar a linguaxe inclusiva ou a linguaxe non sexista?

Evitar a linguaxe sexista no galego non é complicado, mais require consciencia e vontade. Pequenas mudanzas na nosa forma de falar e escribir poden ter un grande impacto, promovendo unha sociedade máis igualitaria e respectuosa. A túa linguaxe pode ser unha ferramenta de inclusión. Cada palabra conta!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
14
25/11/2024
18/02/2026
No 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a literatura axúdanos a comprender mellor o mundo en que vivimos. Ler sobre a ...
18
21/11/2024
18/02/2026
O 25N conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha data profundamente significativa que convida á reflexión, á acción e á mobilización ...
Últimos artigos publicados
Celga 2026
13/03/2026
13/03/2026
A Xunta de Galicia acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas Celga para o ano 2026. Estas probas permiten obter o certificado ...
M8porler unha plataforma para lectoras e lectores en galego
11/03/2026
11/03/2026
Se che gusta ler en galego, hai unha ferramenta que paga a pena coñecer: M8porler. Trátase dunha plataforma dixital pensada para crear comunidade arredor do libro galego ...
Libros en galego para celebrar o 8M
4/03/2026
8/03/2026
O Día Internacional da Muller, que celebramos cada 8 de marzo, é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer