Por que o acento diacrítico en galego é máis importante do que pensas?

Poñer ou non poñer acento? Esa é a cuestión. En galego, hai palabras que cambian completamente de significado cun simple acento. non é o mesmo que te, máis non significa o mesmo que mais e e so tampouco queren dicir o mesmo. Estes casos en que o acento serve para distinguir palabras con formas idénticas mais con significados diferentes, chámanse acentos diacríticos.

Neste artigo, imos explorar as palabras que levan acento diacrítico en galego, cando debemos usalo e cando non, e por que é tan importante para evitar malentendidos.

Lista de palabras con acento diacrítico

Palabras con acento gráficoPalabras sen acento gráfico
á (a prep. + a artigo; subst.)a (artigo; pron.; prep., letra)
ás (a prep. + as artigo; subst.)as (artigo; pron.)
bóla (‘esfera’)bola (peza de pan)
 (ca + a)ca (conx., interx.)
cás (ca + as)cas (prep.)
chá (‘plana’)cha (che + a)
chás (‘planas’)chas (che + as)
 (ca + o)co (con + o)
cós (ca + os)cos (con + os)
cómpre (‘é mester’)compre (de comprar)
 (pres. e imp. de dar) da (de + a)
 (‘compaixón’; nota musical)do (de + o)
é (pres. de ser) e (conx., letra)
fóra (adv.)fora (antepret. de ser e ir)
 (‘ruín’)ma (me + a)
máis (adv. e pron.)mais [conx.(pero)]
 (lazos)no (en + o)
nós [pron. tónico; pl. de (lazos)]nos (pron. átono; en + os)
ó (a + o)o (artigo; pron., letra)
óso (do corpo)oso (animal)
 (parte do corpo)pe (letra)
póla (‘rama’)pola (‘galiña’; por + a)
pór (“poñer”) por (prep.)
présa (“apuro”)presa (“prendida”; “presada”)
 (“sede eclesiástica”; imp. de ser)se (conx.; pron.)
 (adv. e adx.)so (prep.)
 (“infusión”)te (pron., letra)
vén (pres. de vir)ven (pres. de ver; imp. de vir)
vés (pres. de vir)ves (pres. de ver)
vós (pron. tónico)vos (pron. átono)

Truco para saber se os pronomes levan acento ou non

Ás veces, pode ser complicado saber se nós e vós levan acento ou non. Pero hai un truco moi sinxelo que che vai salvar a vida. Se na oración podes substituír nós por nosoutros ou vós por vosoutros, entón é un pronome tónico e leva acento. Pola contra, se non o podes substituír, é un pronome átono e non leva acento.

Exemplo con acento (pronome tónico):

  • Nós chegamos tarde. (Nosoutros chegamos tarde. ✅) → Leva acento!
  • Vós sodes os mellores! (Vosoutros sodes os mellores! ✅) → Leva acento!
  • Achegouse a nós. (Achegouse a nosoutros. ✅) → Leva acento!
  • Preguntaron por vós. (Preguntaron por vosoutros. ✅) → Leva acento!

Exemplo sen acento (pronome átono):

  • Creo que nos mercaron un agasallo. (Creo que nosoutros mercaron un agasallo. ❌) → Non leva acento!
  • Non vos vexo. (Non vosoutros vexo. ❌) → Non leva acento!

Manteñen o acento os verbos “dá” e “é” cando van seguidos de pronomes?

A resposta é si. Ao tratarse de acento diacrítico, a forma “dá” do verbo dar, “é” do verbo ser e as formas “vén” e “vés” do verbo vir deben manter o acento obrigatoriamente. Exemplos:

  • Éche ben lista esa rapaza!
  • Dáme o libro, por favor.
  • Vénme mal quedar o sábado.
  • Vésme buscar ás oito?

Pronuncia

Tamén hai que ter en conta que o acento diacrítico vainos indicar se unha palabra se pronuncia con vogal aberta ou pechada. Se a palabra leva acento, as vogais e (/ɛ/) e o (/ɔ/) serán abertas.

“E” aberto ou pechado

E aberto /ɛ/E pechado /e/
é (pres. de ser) – As formas proclíticas levan til. P. ex.: écheévose (conx., letra)
 (parte do corpo)pe (letra)
présa (“apuro”)presa (“prendida”; “presada”)
 (“sede eclesiástica”; imp. de ser) – O plural do substantivo leva til sésse (conx.; pron., símbolo do selenio)
 (“infusión”)te (pron., símbolo do telurio; letra)
vén (pres. de vir)ven (pres. de ver; imp. de vir)
vés (pres. de vir)ves (pres. de ver)

“O” aberto ou pechado

O aberto /ɔ/O pechado /o/
bóla (‘esfera’)bola (peza de pan)
 (ca + o)co (con + o, símbolo do cobalto)
cós (ca + os)cos (con + os)
cómpre (‘é mester)compre (de comprar)
 (‘compaixón’; nota musical)do (de + o)
fóra (adv.)fora (antepret. de ser e ir)
 [subst.(lazos)]no (en + o)
nós [pron. tónico; pl. de (lazos)]nos (pron. átono; en + os)
ó (a + o)o (artigo; pron., letra)
óso (do corpo)oso (animal)
póla (‘rama’)pola (‘galiña’; por + a)
 (adv. e adx.)so (prep.)
vós (pron. tónico)vos (pron. átono)
Que podes ler aquí?
Para aprender máis
Acentuación en galego 5 regras que che farán a vida máis doada

27/01/2025

Poñer acentos en galego non é difícil se sabes cando facelo. Se ti tamén dubidas cada vez que escribes, aquí tes unha guía sinxela para aprender a ...
37

29/03/2024

Seguramente, algunha vez tiveches as seguintes dúbidas: por que escribirase xunto ou separado? Levará acento? Pois neste artigo aprenderás a diferencialos. porque en galego O primeiro que ...
Últimos artigos publicados
postais de nadal en galego

17/12/2025

Chega o Nadal e con el a tradición de enviarlles felicitacións aos nosos seres queridos. Este ano, desde As chaves da lingua ofrecémosche unha ferramenta completamente gratuíta ...
Libros do Apalpador

15/12/2025

O Apalpador é unha das figuras máis entrañables da tradición galega do Nadal. Este xigante bondadoso que baixa das montañas na Noiteboa para apalpar as barrigas dos ...
Filmes de Nadal en galego dispoñibles en Netflix

14/12/2025

O Nadal tamén se pode ver en galego. En Netflix hai algúns filmes de temática natalicia que permiten escoller o galego como idioma, unha opción pouco coñecida ...

Deixa un comentario

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego