Veño de ler e acabo de ler significan o mesmo?

Vir de + infinitivo e acabar de + infinitivo son perífrases aspectuais con valor perfectivo, é dicir, son perífrases que se utilizan para falar de accións xa finalizadas. Nalgúns casos poden utilizarse no mesmo contexto, mais non son sinónimas. Moito ollo!

Acabar de + infinitivo

Acabar de, rematar de ou terminar de + infinitivo utilízanse para falar de acción que remataron. Por exemplo:

Acabo de ler o xornal.

Rematei de facer os deberes agora mesmiño.

Aínda me quedan 20 anos para terminar de pagar a hipoteca.

Vir de + infinitivo

Vir de + infinitivo expresa o remate recente dunha acción mais con idea de movemento. Por exemplo:

Veño de botar as patacas.

Viña de correr catro quilómetros.

Se a acción non leva implícita esa idea de movemento e só expresa o remate da acción, é un galicismo, é dicir, un calco do francés. Trátase dunha construción incorrecta na nosa lingua que debemos evitar e substituír por perífrases de noso:

*Vénse de aprobar o novo protocolo antiincendios →  Acábase de aprobar o novo protocolo antiincendios

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer