Palabras esdrúxulas en galego que non sabías que o eran

Por influencia de linguas próximas ao galego, hai algúns vocábulos que teñen unha acentuación problemática. Neste artigo ensínoche algunhas palabras esdrúxulas que, se cadra, non sabías que o eran.

anódino

Algo anódino, que non *anodino, é algo que non ten importancia, que carece de graza ou interese, mais o que non perde importancia nunca son os acentos.

décatlon

Curiosamente, a pronuncia deste deporte en inglés é grave, igual que acontece no portugués, aguda en español e esdrúxula en galego.

período

Se procuras a palabra período no dicionario da RAG, verás que ten dez acepcións. Debe ser unha das palabras que máis ten. 

termóstato

No termóstato podemos cambiar a temperatura ao noso gusto, mais o que non podemos facer é cambiarlle o acento.

xeróglifo

Se che gusta resolver os xeroglíficos do xornal, tes que saber que tamén reciben o nome de xeróglifos.

Outras palabras esdrúxulas

Tamén son esdrúxulas as seguintes palabras: aeróstato, alvéolo, bronquíolo, cardíaco, dínamo, eléctrodo, endócrino, gladíolo, isóbara, óboe, olimpíada, psoríase, rubéola

Coñeces máis palabras esdrúxulas que adoitamos confundir?

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
vendima en galego
19/08/2026
19/08/2026
A piques de comezar setembro, achégase un dos momentos máis importantes do ano no campo galego: a vendima. Nas Rías Baixas, na Ribeira Sacra, en Valdeorras, no ...
o vocabulario da eclipse
5/08/2026
5/08/2026
O 12 de agosto de 2026 os ollos de toda Galicia estarán postos no ceo debido á eclipse total de Sol, un fenómeno que non se vía ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer