Os demostrativos en galego: guía práctica con exemplos

Os demostrativos son unha peza fundamental da lingua: pequenas palabras que nos permiten sinalar obxectos, lugares, tempos ou ideas en función da súa proximidade.

Neste artigo imos ver como funcionan os demostrativos en galego, cales son as súas formas, en que contextos se usan e que erros debemos evitar.

Os demostrativos en galego

Os demostrativos son adxectivos ou pronomes que indican a distancia dun obxecto ou idea respecto da persoa que fala ou escoita. En galego, igual que noutras linguas románicas, existen tres graos de proximidade:

  • Proximidade → o que está preto de quen fala (este).
  • Distancia media → o que está preto do interlocutor ou xa foi mencionado (ese).
  • Afastamento → o que está lonxe de ambos, no espazo ou no tempo (aquel).

Táboa dos demostrativos en galego

GRAO DE PROXIMIDADEDEMOSTRATIVOSDEMOSTRATIVOS
NEUTROS
SINGULARPLURAL
MASCULINOFEMININOMASCULINOFEMININO
aquíesteestaestesestasisto
eseesaesesesasiso
alíaquelaquelaaquelesaquelasaquilo

Cando usar os demostrativos en galego

  • Este / esta / estes / estas / isto

Úsanse para aquilo que está máis preto de quen fala. Exemplos:

Este libro que teño na man é moi interesante.
Estes pantalóns non me queda nada ben.

  • Ese / esa / eses / esas / iso

Refiren ao que está preto do interlocutor ou ao que xa foi mencionado no discurso. Exemplos:

Gústame esa chaqueta que levas.
Iso xa o falamos onte.

  • Aquel / aquela / aqueles / aquelas / aquilo

Empréganse para o que está lonxe de ambos ou cando se quere marcar distancia temporal ou emocional. Exemplos:

Aquela casa de alí foi do meu avó.
Aquilo si que era vivir ben.

Contraccións cos demostrativos en galego

Contraccións dos demostrativos coas preposicións

Os demostrativos tamén se combinan coas preposicións en e de formando contraccións obrigatorias. Igual que pasa cos artigos (de + o → do), en galego non é correcto dicir “de este” ou “en aquel”.

As contraccións dos demostrativos coas preposicións son:

PREPOSICIÓNDEMOSTRATIVOS
este(s) / esta(s)ese(s) / esa(s)aquel(es) / aquela(s)
DEdeste(s) / desta(s)dese(s) / desa(s)daquel(es) / daquela(s)
ENneste(s) / desta(s)nese(s) / nesa(s)naquel(es)
PREPOSICIÓNDEMOSTRATIVOS
istoisoaquilo
DEdistodisodaquilo
ENnistonisonaquilo

Exemplos:

Lémbrome ben daquela viaxe. (de + aquela)
Non pensei nunca naquel asunto. (en + aquel)
Falamos moito dese problema. (de + ese)
Confío só nese rapaz. (en + ese)

Contraccións dos demostrativos co identificador outro

DEMOSTRATIVOPRONOME IDENTIFICADOR
OUTROOUTRAOUTROSOUTRAS
PROXIMIDADEestoutroestoutraestoutrosestoutras
DISTANCIA MEDIAesoutroesoutraesoutrosesoutras
AFASTAMENTOaqueloutroaqueloutraaqueloutrosaqueloutras

Exemplos:

Estoutro rapaz non é da nosa clase.
Prefiro estoutra explicación máis sinxela.
Quédome con esoutra cadeira, parece máis cómoda.
Aqueloutro día choveu a cachón.

Contraccións das preposicións + demostrativos + identificador outro

En galego tamén existen combinacións en que interveñen tres elementos:

  1. unha preposición (de, en)
  2. un demostrativo (este, ese, aquel)
  3. o identificador outro.

Deste modo fórmanse palabras compostas que poden parecer estrañas pero que son totalmente correctas na nosa lingua.

PREPOSICIÓNPRONOME IDENTIFICADOR
OUTROOUTRAOUTROSOUTRAS
DEdestoutrodestoutradestoutrosdestoutras
desoutrodesoutradesoutrosdesoutras
daqueloutrodaqueloutradaqueloutrosdaqueloutras
ENnestoutronestoutranestoutrosnestoutras
nesoutronesoutranesoutrosnesoutras
naqueloutronaqueloutranaqueloutrosnaqueloutras

Exemplos:

Falamos destoutro asunto na reunión, non do que ti pensabas.
As lembranzas daqueloutros tempos sempre me fan sorrir.
Xa confiamos nesoutras persoas que viñeron antes.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
Palabras de orixe xermánica
Cando pensamos na orixe das palabras galegas, case sempre imaxinamos o latín como punto de partida. E con razón, o galego é unha lingua románica, filla directa ...
refráns galegos de outubro

1/10/2025

Outubro chega co arrecendo da terra mollada, coas primeiras noites frías e cos ourizos das castañas espallados polos soutos. É un mes de transición, o verán xa ...
nomes cidades galegas
Por que Lugo se chama así? E de onde vén a palabra Compostela? Detrás de cada topónimo hai pegadas de pobos prerromanos, da presenza romana e mesmo ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer