Como se di en galego “ser un manitas”?

En castelán dise que alguén “es un manitas” cando ten habilidade para arranxar cousas, facer chapuzas, reparar, montar mobles ou calquera tarefa que requira un pouco de maña e creatividade coas mans. E en galego, como o dicimos?

Que significa “ser un milmañas”?

Ser un milmañas é unha expresión coloquial que usamos en galego para referirnos a alguén con moita maña, que se defende ben en todo, sobre todo, en cousas prácticas: arranxar unha porta, montar un estante, reparar un trebello ou mesmo facer manualidades.

  • O meu pai é un milmañas. Arránxame todo o que se estraga na casa.
  • A túa irmá é unha milmañas, mira que ben lle quedou o disfrace feito na casa!

Outras formas de dicilo

Se queres usar adxectivos, tamén podes optar por palabras como:

  • mañoso/aÉ moi mañoso, sempre atopa o xeito de amañar as cousas.
  • apañado/aMoi apañada ela, fixo o todo o traballo sen axuda.
  • habelencioso/aUn rapaz habelencioso coma poucos.
  • habilidoso/a, hábil Ten unha man habilidosa para a carpintaría.

E chapuza, como se di en galego?

Pois chapuza non é un castelanismo, así que pódelo usar para nomear unha obra mal feita sen problema. Tamén podes dicir chafalladachafulladachambonadatrangalladatrapallada ou zarapallada.

  • Vaia trapallada fixeches!
  • Iso é unha chafallada, tivo que vir outro arranxalo.
  • O vídeo quedou ben, pero o son é unha trangallada.
  • Contrataron a un que non sabía e fixo unha zarapallada.
Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
A tradición dos Maios por que poñemos xestas nas portas e nos coches a noite do 30 de abril ao 1 de maio
27/04/2026
27/04/2026
Se nunca te preguntaches por que hai coches con ramas de flores amarelas no parabrisas cada 1 de maio, este artigo é para ti. Detrás dese xesto ...
As chaves da lingua gaña un dos Premios Mil Primaveras
20/04/2026
26/04/2026
Temos unha nova que nos fai especial ilusión compartir. As chaves da lingua é un dos catro proxectos galardoados nos VII Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora ...
Pronome de solidariedade e pronome de interese en galego
15/04/2026
16/04/2026
Cantas veces escoitaches frases como Éche boa cousa! ou A nena non me come nada ben? Eses pequenos pronomes —che e me— que aparecen sen ter función ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer