Como evitar a linguaxe sexista en galego: consellos prácticos

Como evitar a linguaxe sexista en galego: consellos prácticos

A linguaxe non é só unha ferramenta de comunicación, tamén é un reflexo da sociedade en que vivimos. O galego, como calquera lingua, foi moldeada por séculos de prácticas e estruturas que, en moitos casos, invisibilizaron a certos grupos, especialmente ás mulleres. Por iso, aquí che deixo unhas pautas prácticas para evitares o sexismo na linguaxe e promoveres unha comunicación máis inclusiva. Ten en conta que as tres primeiras opcións non teñen ningunha marca de xénero polo que se consideran as máis recomendables.

Substantivos colectivos

Utiliza substantivos colectivos como alumnado, cidadanía, profesorado, funcionariado, mocidade, xuventude, xente, veciñanza, poboación…

❌ Acudiron todos os veciños a apagar o lume.

✔️ Acudiu toda a veciñanza a apagar o lume.

Perífrases nominais

Usa perífrases nominais como a persoa interesada, o cadro de persoal, o cadro de xogadores, o persoal de limpeza…

❌ Os interesados enviarán un correo.

✔️ A persoa interesada enviará un correo.

Pronomes

Podes utilizar pronomes sen marca de xénero como por exemplo: cada contribuínte, calquera artista, quen aspirar a……

❌ O que queira participar que se apunte.

✔️ Quen queira participar que se apunte.

Desdobramento

Outra opción válida é o desdobramento dos substantivos.

❌ Os alumnos de Galego

✔️ Os alumnos e as alumnas de Galego

Barra diagonal

Tamén existe a posibilidade de utilizar a barra diagonal.

❌ Os alumnos de Galego

✔️ Os/as alumnos/as de Galego

Ollo!

O uso do arroba non se considera correcto, xa que non é un signo lingüístico. Polo tanto, escribir cousas como “Ola a tod@s” é incorrecto en galego.

Por que é importante utilizar a linguaxe inclusiva ou a linguaxe non sexista?

Evitar a linguaxe sexista no galego non é complicado, mais require consciencia e vontade. Pequenas mudanzas na nosa forma de falar e escribir poden ter un grande impacto, promovendo unha sociedade máis igualitaria e respectuosa. A túa linguaxe pode ser unha ferramenta de inclusión. Cada palabra conta!

Que podes ler aquí?
Para aprender máis
14
25/11/2024
18/02/2026
No 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a literatura axúdanos a comprender mellor o mundo en que vivimos. Ler sobre a ...
18
21/11/2024
18/02/2026
O 25N conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, unha data profundamente significativa que convida á reflexión, á acción e á mobilización ...
Últimos artigos publicados
Verbos non reflexivos en galego
20/10/2026
21/10/2026
En galego hai moitos verbos que, por influencia do castelán, se empregan incorrectamente coa forma pronominal, é dicir, engadímoslles un pronome reflexivo (me, te, se…) que non ...
Dous dicionarios castelán-galego para non ter dúbidas nunca máis
16/09/2026
20/09/2026
Cantas veces buscaches como se di unha palabra en galego e non deches cunha ferramenta fiable? Pois traio boas novas! Agora temos tres dicionarios castelán-galego en liña, ...
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer