Verbos para falar do tempo en galego

O galego é unha lingua chea de riqueza e matices, tamén á hora de falar do tempo. Neste artigo, imos afondar nos verbos que nos axudan a falar do tempo, tanto cronolóxico como atmosférico.

Diferenzas entre o verbo ir, verbo haber e verbo facer en galego

Ir

En galego, para falar do tempo meteorolóxico empregamos o verbo ir.

Exemplos:

Estes días vai moita calor.

Arróupate, que vai frío.

Haber

Para falar dunha cantidade de tempo, emprégase o verbo haber.

Exemplos:

Hai un mes que non a vexo.

Desde hai dous anos non volveu por aquí.

Debe haber tres días que falamos por teléfono.

Facer

Utilízase o verbo facer cando queremos sinalar o número de semanas, meses ou anos do aniversario de algo ou alguén.

Exemplos:

Este luns Xiana fixo 15 anos.

O 6 de xuño meus pais farán 30 anos de casados.

* Ollo! Neste caso non podemos utilizar o verbo cumprir porque en galego non ten o mesmo significado que en castelán. É por iso que *cumpreanos é incorrecto e para celebrar as datas de nacemento utilizamos a palabra aniversario.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
novas palabras rag

19/11/2025

Cada ano, o Dicionario da Real Academia Galega incorpora termos que existen no uso real da lingua e que precisan ser recoñecidos oficialmente. A lingua evoluciona e ...
dicionario da fala valdeorresa

12/11/2025

A fala de Valdeorras, como a de tantas outras comarcas galegas, agocha un tesouro de palabras únicas, cheas de historia, matices e identidade. E agora, todo ese ...
orixe da palabra magosto

10/11/2025

O magosto é unha das festas máis queridas do outono galego. Arredor do lume, con castañas asadas e viño novo, celébrase o encontro entre o mundo rural, ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer