5 libros galegos con película

Nos anos 20 do século pasado, produciuse a primeira adaptación cinematográfica dun texto pertencente á literatura galega. Un poema de Manuel Curros Enríquez, A Virxe de Cristal, inspirou por primeira vez unha produción audiovisual, que deu paso a moitas máis.

No artigo de hoxe, imos descubrir que libros teñen o seu propio filme.

A praia dos afogados

Domingo Villar conseguiu que a metade dos galegos e galegas devorásemos as súas novelas policiais protagonizadas polo inspector Leo Caldas. Dos tres libros, Ollos de Auga, A praia dos afogados e O último barco, só o segundo conta cunha versión cinematográfica. Estreouse en outubro de 2015 e está protagonizada por Carmelo Gómez e conta cun amplo elenco de actores galegos como Luis Zahera, Pedro Alonso, Tamar Novas, Marta Larralde e Lucía Regueiro.

Trece badaladas

Suso de Toro, un dos grandes escritores galegos da actualidade, é o autor de Trece badaladas e Xavier Villaverde fixo a súa adaptación cinematográfica. Este thriller de terror conta coa presenza de Juan Diego Botto, Luis Tosar e Marta Etura.

O lapis do carpinteiro

Da man de Antón Reixa temos O lapis do carpinteiro, cuxo autor é Manuel Rivas. O filme está protagonizado por Tristán Ulloa, María Adánez e Luis Tosar, o cal foi galardoado como mellor actor no Festival de Cine de Mar del Plata polo seu papel de carcereiro franquista. 

A lingua das bolboretas

Manuel Rivas tamén conta con outra versión cinematográfica dun dos seus libros. Neste caso, A lingua das bolboretas. A película, protagonizada por Fernando Fernán Gómez e Manuel Lozano e con música de Alejandro Amenábar, recibiu 13 candidaturas aos Goya, malia que só se levou un, o de mellor guión adaptado. 

A esmorga

Por último, un dos clásicos da nosa literatura, como é A esmorga de Eduardo Blanco Amor, tamén conta cun filme protagonizado por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris.

E ti, coñeces máis películas inspiradas en libros galegos?

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
postais de nadal en galego

17/12/2025

Chega o Nadal e con el a tradición de enviarlles felicitacións aos nosos seres queridos. Este ano, desde As chaves da lingua ofrecémosche unha ferramenta completamente gratuíta ...
Libros do Apalpador

15/12/2025

O Apalpador é unha das figuras máis entrañables da tradición galega do Nadal. Este xigante bondadoso que baixa das montañas na Noiteboa para apalpar as barrigas dos ...
Filmes de Nadal en galego dispoñibles en Netflix

14/12/2025

O Nadal tamén se pode ver en galego. En Netflix hai algúns filmes de temática natalicia que permiten escoller o galego como idioma, unha opción pouco coñecida ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

5 comentarios en “5 libros galegos con película”

  1. Tamén hai un filme adaptado d’O club da calceta, de María Reimóndez, cunhas actrices estupendas. Como apuntamento lingüístico interesante está o caso da actriz que se preparou para facelo en galego e o fixo marabillosamente ben (non me sae o nome agora mesmo), mérito dela e de quen a axudou.

    • Oh, pois non sabía eu desa película. A ver se a encontro dispoñíbel e aproveito para vela estes días. Moitas grazas! 😉

  2. “O corpo aberto” está baseada no relato”Lobosandaus” de Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os comentarios están pechados.

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego