Porque, porqué ou por que en galego? Trucos para saber diferencialos

Seguramente, algunha vez tiveches as seguintes dúbidas: por que escribirase xunto ou separado? Levará acento? Pois neste artigo aprenderás a diferencialos.

porque en galego

O primeiro que tes que coñecer é que porque é unha conxunción e ten dous posibles usos. A acepción máis utilizada é a que indica a causa pola que se fai ou ocorre algo ou a súa finalidade.

Chameite porque tiña algo urxente que contarche.
Foi ao dentista porque lle doia unha moa.

Truco: Podémolo substituír por xa que, posto que, dado que

Tamén podemos usar porque para indicar a oposición entre dúas oracións, a pesar do cal unha non impide a realización do que expresa a outra.

Porque teñas unha carreira, non quere dicir que sexas máis intelixente.

Truco: Podémolo substituír por aínda que.

porqué en galego

Saber utilizar porqué é moi doado, xa que é un substantivo que significa ‘aquilo que explica ou determina un feito’ e como é un substantivo sempre leva un artigo diante. 

Explícame o porqué de berrares desa forma.
Xa sei o porqué da súa perrencha. 

Truco: Podémolo substituír por motivo, causa ou razón.

por que en galego

Sempre que sexa un interrogativo directo ou indirecto por que escríbese separado.

Por que chegas sempre tarde?
Aínda non sei por que sempre chega tarde.

Tamén vai separado se se trata da combinación da preposición por e a conxunción que ou o pronome relativo que.

As súas amigas alégranse por que gañara o concurso.
A razón por que che escribín era para aclarar o asunto.

Truco no segundo caso: o que pode substituírse por a cal / o cal / as cales / os cales.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
dicionario da fala valdeorresa

12/11/2025

A fala de Valdeorras, como a de tantas outras comarcas galegas, agocha un tesouro de palabras únicas, cheas de historia, matices e identidade. E agora, todo ese ...
orixe da palabra magosto

10/11/2025

O magosto é unha das festas máis queridas do outono galego. Arredor do lume, con castañas asadas e viño novo, celébrase o encontro entre o mundo rural, ...
castañas e magostos en galego

5/11/2025

Cando chega o tempo das castañas, en Galicia non só as comemos: falamos delas. E para falarmos ben, hai que coñecer o vocabulario auténtico do souto e ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer