Palabras con distinto xénero en castelán e en galego

Algunhas palabras presentan confusión en canto ao xénero, sobre todo, cando estamos aprendendo galego. Por iso, no artigo de hoxe preséntoche aquelas palabras que teñen distinto xénero en galego e castelán.

Son palabras masculinas

o berce, o cárcere, o champaña, o costume, o couce, o cuspe, o diadema, o dote, o éxtase, o fantasma, o fel, o fin (‘obxectivo’), o friame, o labor, o legume, o leite, o masacre, o mar, o mel, o nariz, o prebe, o sal, o sangue, o sinal, o sorriso, o til, o ubre, o xiz…

Son palabras femininas

a acne, a árbore, a armazón, a arte, a augardente, a ave, a avestruz, a bile, a calor, a cor, a culler, a cute, a dor, a eclipse, a énfase, a epígrafe, a feluxe, a ferruxe, a fin (‘final’), a fraude, a fronte, a marxe, a orde, a orixe, a parálise, a paréntese, a ponte, a pube, a roibén, a sebe, a síndrome, a suor…

Regra que non debes esquecer

Son femininas todas as palabras rematadas en –axe, agás o traxe, o paxe e o garaxe.

Exemplos: a bricolaxe, a masaxe, a reportaxe, a viaxe

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
postais de nadal en galego

17/12/2025

Chega o Nadal e con el a tradición de enviarlles felicitacións aos nosos seres queridos. Este ano, desde As chaves da lingua ofrecémosche unha ferramenta completamente gratuíta ...
Libros do Apalpador

15/12/2025

O Apalpador é unha das figuras máis entrañables da tradición galega do Nadal. Este xigante bondadoso que baixa das montañas na Noiteboa para apalpar as barrigas dos ...
Filmes de Nadal en galego dispoñibles en Netflix

14/12/2025

O Nadal tamén se pode ver en galego. En Netflix hai algúns filmes de temática natalicia que permiten escoller o galego como idioma, unha opción pouco coñecida ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego