17 novas palabras no dicionario da RAG que debes coñecer

Cada ano, o Dicionario da Real Academia Galega incorpora termos que existen no uso real da lingua e que precisan ser recoñecidos oficialmente. A lingua evoluciona e aparecen tecnoloxías novas, conceptos importados doutros ámbitos, fenómenos culturais recentes e palabras que xa empregamos na rúa e nas redes sociais. Que a RAG as incorpore significa que forman parte do galego estándar e que xa teñen definición e uso recomendados.

Neste artigo recollemos algunhas das novas palabras que entraron no dicionario durante o ano 2025. Son termos de ámbitos moi distintos: redes sociais, meteoroloxía, vida cotiá, gastronomía e cultura.

As novas palabras da RAG

auguista

Persoa que toma as augas ou os baños medicinais nun balneario.

autofoto

Fotografía tomada a un mesmo, só ou acompañado doutros, polo xeral cun teléfono intelixente, tableta ou cámara web.

bolboretario

Espazo onde se crían, estudan ou exhiben bolboretas vivas. Sinónimo: xardín de bolboretas.

bongó

Instrumento de percusión de orixe afrocubana, composto por dous tambores de madeira de diferente tamaño fixados un ao outro.

dina

Depresión illada en niveis altos que se separou completamente da corrente en chorro e que, asociada a outros fenómenos meteorolóxicos, pode dar orixe a chuvias intensas e catastróficas, maiormente na área mediterránea.

eis

Presenta ou anuncia elementos que se mencionarán a continuación.

estragafestas

Persoa que estraga ou rompe a diversión dos demais.

galeguística

Estudo científico da lingua, da literatura e da cultura galegas.

gazano, gazana

Da Franxa de Gaza ou dos seus habitantes. Persoa natural ou habitante da Franxa de Gaza.

lubre

Bosque sagrado onde os celtas celebraban os seus rituais relixiosos.

longueiro, longueira

Pau horizontal superior dunha portería. Sinónimos: pau longueiro, traveseiro.

naipelo, naipela


Bebé antes de que comece a andar.

noz pacana

Froito da Carya illinoinensis, de casca escura e semente comestible, oleaxinosa e acastañada.

pintoresquista

Relativo ao pintoresquismo. Persoa que aprecia ou representa temas pintorescos.

parafusaría

Tenda ou sección onde se venden parafusos e ferraxes. Conxunto de parafusos e ferraxes.

pasmoso, pasmosa

Que causa pasmo ou asombro.

trombonista

Persoa que toca o trombón.

Queres coñecer máis actualizacións?

Se queres consultar todas as incorporacións, cambios e novidades do Dicionario da Real Academia Galega, preme aquí.

Fonte: González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/dicionario> [Consultado: <18.11.2025>]

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
7 consellos para aprender ou mellorar o teu galego este 2026

2/01/2026

Aprender galego ou mellorar o teu nivel actual non require horas de estudo intensivo nin materiais caros. A clave está en integrar a lingua na túa rutina ...
postais de nadal en galego

17/12/2025

Chega o Nadal e con el a tradición de enviarlles felicitacións aos nosos seres queridos. Este ano, desde As chaves da lingua ofrecémosche unha ferramenta completamente gratuíta ...
Libros do Apalpador

15/12/2025

O Apalpador é unha das figuras máis entrañables da tradición galega do Nadal. Este xigante bondadoso que baixa das montañas na Noiteboa para apalpar as barrigas dos ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego