Aprende a usar o infinitivo conxugado en galego

Aprende a usar o infinitivo conxugado en galego

O infinitivo conxugado —tamén chamado infinitivo persoal ou infinitivo flexionado— é unha forma verbal característica do galego e do portugués. Empregámolo de maneira natural na fala cotiá, mais para algunhas persoas neofalantes pode xerar dúbidas sobre cando e como se debe usar.

Neste artigo explicareiche paso a paso como funciona, en que contextos aparece e cales son os erros máis habituais, para que poidas dominar o seu uso con seguridade.

Como se conxuga o infinitivo conxugado?

O infinitivo conxugado fórmase engadindo os seguintes morfemas ao infinitivo:

P1: –
P2: –es
P3: –
P4: –mos
P5: –des
P6: –en

Exemplos

Euamarcomervivir
Tiamarescomeresvivires
El/elaamarcomervivir
Nósamarmoscomermosvivirmos
Vósamardescomerdesvivirdes
Eles/elasamarencomerenviviren

Cando se utiliza o infinitivo conxugado?

Cando o infinitivo ten un suxeito distinto ao do verbo principal.

  • Saíu (el) da casa sen o saberen (eles) os pais.
  • Ao falarmos (nós) do tema, xa quedei (eu) máis tranquila.

Cando o infinitivo ten un suxeito idéntico ao principal.

  • Quedamos (nós) sen entradas para o concerto por chegarmos (nós) tarde.
  • Ao estaren cansos (eles), sentaron (eles) a repousar.

Cando o infinitivo ten un referente non indicado no contexto en enunciados impersoais.

  • Cómpre comermos froita todos os días.
  • É importante facermos un estudo previo.

Cando o infinitivo vai introducido por preposición.

  • Para falares con el, tes que pedir cita.
  • Chameite para quedarmos ás cinco.

Cando non se pode utilizar?

Cando o infinitivo é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal.

Tes que chamar a Lois pola tarde.
❌ *Tes que chamares a Lois pola tarde.

Cando se constrúe con verbos do tipo: querer, poder, saber, deixar… porque neste caso o suxeito é o de todo o complexo verbal.

Queremos mercar un coche deportivo.
❌ *Queremos mercarmos un coche deportivo.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
postais de nadal en galego

17/12/2025

Chega o Nadal e con el a tradición de enviarlles felicitacións aos nosos seres queridos. Este ano, desde As chaves da lingua ofrecémosche unha ferramenta completamente gratuíta ...
Libros do Apalpador

15/12/2025

O Apalpador é unha das figuras máis entrañables da tradición galega do Nadal. Este xigante bondadoso que baixa das montañas na Noiteboa para apalpar as barrigas dos ...
Filmes de Nadal en galego dispoñibles en Netflix

14/12/2025

O Nadal tamén se pode ver en galego. En Netflix hai algúns filmes de temática natalicia que permiten escoller o galego como idioma, unha opción pouco coñecida ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego

Agasallo de Nadal

Calendario 2026: 365 días para vivir en galego