Adiviñas do outono galego

Adiviñas sobre o outono galego

As adiviñas son máis que simples xogos, conectan coas tradicións orais galegas e permítennos observar o mundo con ollos curiosos. Neste artigo recollo unha selección de adiviñas do libro ¿Que cousa é cousa…? Libro das adiviñas de Paco Martín, todas relacionadas co outono.

Serás quen de adiviñalas todas? Ao final do artigo tes as solucións.

Adiviñas

Alto coturiño,
verde coma o liño;
sabe como o mel
e amarga como o fel.

Alto está,
barbas ten
ri e guinda
o que contén.

Entre coto e recoto
hai un boi xoto;
non hai home nin muller
que lle bote un cordel.

Toda a noitiña me tes
posta de boca para arriba
agardando que me metas
un cacho de carne viva.

No alto estou,
ladróns vexo vir;
coa miña carapucha
non podo fuxir.

Ten pelexo como a xente,
e é moi boa para comer;
chega polo mes de Santos
e todo o ano a tes.

Zancarrandullo andaba na festa,
no medio inchaba,
no rabo roncaba,
tiña orellas e zangoneaba.

Ten un milleiro de dentes
e non come que só fende.

Que cousa é,
para adiviñar é,
que ten dúas caras
e as dúas enrugadas?

En alto nacín,
entre a terra e o ceo;
se algunha vez me río
téñocho todo perdido.

Que será unha cousiña, cousa
que cando dá o sol encóllese,
e cando chove estalícase
tornando a auga co carrelo?

Alto me vin,
baixo me vexo,
e aló arriba
quedoume o pelexo.

Solucións

1. A noz
2. O ourizo das castañas
3. O vento
4. A zoca
5. A landra
6. A castaña

7. A gaita de fol
8. A serra ou tronzador
9. A noz
10. O ourizo das castañas
11. O paraugas
12. A castaña

Que che pareceron estas adiviñas de outono? Se queres compartir algunha máis, déixaa nos comentarios.

Que podes ler aquí?
Últimos artigos publicados
novas palabras rag

19/11/2025

Cada ano, o Dicionario da Real Academia Galega incorpora termos que existen no uso real da lingua e que precisan ser recoñecidos oficialmente. A lingua evoluciona e ...
dicionario da fala valdeorresa

12/11/2025

A fala de Valdeorras, como a de tantas outras comarcas galegas, agocha un tesouro de palabras únicas, cheas de historia, matices e identidade. E agora, todo ese ...
orixe da palabra magosto

10/11/2025

O magosto é unha das festas máis queridas do outono galego. Arredor do lume, con castañas asadas e viño novo, celébrase o encontro entre o mundo rural, ...

3 comentarios en “Adiviñas do outono galego”

  1. Gustaron e moito as adiviñas. Algunhas xa as sabía, máis a meirande parte non. Así que moitas grazas xa que así podo engadilas a miña lista de adiviñas. Que seguro que algunha se quedará

    Responder

Deixa un comentario

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer