Patacas fritas ou fritidas? Sabes usar ben os participios?

Seguramente máis dunha vez tiveches esta pregunta, pois a resposta é ben doada. As dúas formas son correctas, só que dependendo da función que teña o participio empregaremos unha forma ou outra. En galego a maioría dos verbos teñen participios regulares, mais tamén hai verbos que só teñen participios irregulares ou mesmo teñen os dous, o participio regular e o irregular. Neste caso, utilizaremos un ou outro en función do papel que xogue no enunciado. A seguir, imos ver cando se utiliza canda un.

Participios: definición

A Real Academia Galega define o participio como a forma verbal que participa da natureza do verbo e do adxectivo, polo que pode variar en xénero e número.

Participios regulares

Como se forman os participios regulares?

Os participios regulares fórmanse quitando a terminación –ar, -er, -ir do infinitivo e engadindo á raíz as formas  –ado nos verbos da primeira conxugación e  –ido nos verbos da segunda e da terceira.

Formación dos participios regulares

ConxugaciónInfinitivoParticipio
1ª conxugaciónamaramado
2ª conxugacióncoñecercoñecido
3ª conxugaciónvivirvivido

Participios irregulares

Algúns participios en galego non seguen a regra dos participios regulares. A este tipo de participios denominámolos participios irregulares. 

VerboParticipioVerboParticipio
abrirabertofacerfeito
cubrircubertopoñerposto
dicirditopórposto
escribirescritovervisto

Participios duplos

Algúns verbos teñen dous participios, o regular e o irregular. O emprego dunha forma ou outra depende da función que teñan no enunciado.

Utilizamos o participio regular cando ten función verbal. Por exemplo:

  • As patacas foron fritidas na fritideira de aire.
  • Con toda esta humidade a roupa aínda non deu enxugado de todo.
  • Unha vez elixido presidente, terá que facerse cargo dos problemas.

Pola contra, empregamos o participio irregular cando ten valor de adxectivo.

  • As patacas fritas de bolsa sabor xamón son as miñas preferidas.
  • A roupa xa está enxoita.
  • O presidente electo tomará posesión nas vindeiras semanas.

Velaquí unha lista dos participios duplos máis frecuentes:

VerboParticipio regularParticipio irregularVerboParticipio regularParticipio irregular
acenderacendidoacesoimprimirimprimidoimpreso
acolleracollidoacolleitolimparlimpadolimpo
cansarcansadocansonacernacidonado
ceibarceibadoceibopagarpagadopago
collercollidocolleitoprenderprendidopreso
comercomidocomestoresolverresolvidoresolto
concluírconcluídoconclusosalvarsalvadosalvo
desenvolverdesenvolvidodesenvoltosecarsecadoseco
disolverdisolvidodisoltosuspendersuspendidosuspenso
enxugarenxugadoenxoitosuxeitarsuxeitadosuxeito
erguererguidoergueitotollertollidotorto
escollerescollidoescolleitotorcertorcidotorto
fritir/frixirfritido/frixidofritovolvervolvidovolto
Que podes ler aquí?
Para aprender máis
27
9/10/2024
18/02/2026
O galego é unha lingua chea de riqueza e matices, tamén á hora de falar do tempo. Neste artigo, imos afondar nos verbos que nos axudan a ...
Aprende a usar o infinitivo conxugado en galego
4/09/2024
20/04/2026
O infinitivo conxugado, tamén chamado infinitivo persoal ou infinitivo flexionado, é unha forma verbal e común entre os galegofalantes, mais pode presentar algunha dúbida sobre o seu ...
Aprende dunha vez a colocar o pronome átono
12/04/2023
21/03/2025
Unha das cousas máis difíciles á hora de aprender galego é saber colocar os pronomes correctamente. Neste artigo ensínoche as regras fundamentais para saber se o pronome ...
Últimos artigos publicados
O vocabulario do material escolar en galego
9/09/2026
9/09/2026
Hoxe comezan as aulas en Galicia e, con elas, volven as mochilas ás costas, os cadernos aínda sen estrear e as présas das mañás para non perder ...
apps para aprender galego
3/09/2026
3/09/2026
Non hai mellor forma de aprender unha lingua que usala tamén no lecer. O móbil, que levamos sempre enriba, pode converterse nun aliado para aprender galego mentres ...
Mosteiro de Samos
26/08/2026
26/08/2026
Ás veces a historia agóchase nos lugares máis inesperados. Esta fin de semana fun visitar o mosteiro de Samos e descubrín algo que non sabía. Alí viviu ...
Os comentarios están desactivados para esta entrada

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer

Os 250 erros máis comúns en galego que nunca máis vas cometer